O Concurso de Tapas de Santiago cambia de datas e celebrarase entre febreiro e marzo para fomentar as visitas á capital galega


     
Unha das tradicións preferidas dos composteláns e percorrer as rúas da cidade á caza do mellor pincho ao tempo que selan o seu tapasporte i este ano a cousa non vai ser diferente, ainda que si haberá cambios nas datas do concurso de tapas de Santiago. As primeiras edicións celebráronse na primeira quincena de xullo, xa que hai quince anos o sector consideraba que nesas datas non había suficiente actividade na cidade. Agora a concelleira de Turismo, Míriam Louzao; a presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos; e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, anunciaron as datas da XV edición do concurso Santiago(é)tapas, que terá lugar do 15 de febreiro ao 3 de marzo, nunha rolda de prensa celebrada no Pazo de Raxoi. O concurso de tapas de Compostela cambia de datas nesta edición para potenciar a desestacionalización.

     Nos últimos anos Santiago(é)tapas pasou a celebrarse no mes de novembro, co obxectivo de colaborar na desestacionalización turística da cidade neste mes de tempada baixa. Porén, nas dúas últimas edicións, unha vez pasado a pandemia do coronavirus e coa reactivación plena do sector turístico na cidade, o concurso sufriu un estancamento no número de establecementos participantes debido principalmente a que neste mes o sector xa ten un volume de actividade importante.
Así, segundo destacou Míriam Louzao "a razón fundamental deste cambio é unha razón moi positiva para Compostela. O cambio é debido a que os establecementos da cidade teñen agora no mes de novembro unha actividade moito máis forte da que tiñan hai uns anos, polo que entendemos que o concurso xa cumpriu a súa función neste mes". 

     Pola súa banda, Flavia Ramil, apuntou que xa está aberto o período de inscrición do concurso, que rematará o 10 de xaneiro, dando practicamente dous meses de prazo para que os estabelecementos do concello teñan tempo suficiente para pensar con previsión as seus pinchos. Finalmente, Sara Santos, indicou que a asociación ten como obxectivo "involucrar o máis posible a todo o sector hostaleiro. Ademais, tendo en conta o cambio de hábitos da clientela nestes anos que fixo que moitas cafeterías e locais se centren actualmente en almorzos, brunchs e merendas ou o chamado tardeo, imos darlle máis protagonismo ás propostas doces, co Premio á Tapa + Doce e un novo roteiro que percorra eses locais, convencidos de que dará a oportunidade de presentar propostas moi interesantes e abrirá o concurso a un público máis familiar".


Segue a Lost in Compostela en FACEBOOK

Comentarios